jueves, 21 de junio de 2012

Medios de Comunicación de Masas e Publicidade


Neste video podemos ver unhas persoas que seguen a un paiaso(que representa ó medio de comunicación),e que van mercando todo o que el lles ofrece,sen saber se realemente lles fai falta ou non.
Eles están controlados por unha pantalla,e nun momento do video a unha nena se lle cae esta,e non sabe que facer.O paiaso vai rapidamente a arranxala para que a nena non deixe de seguilo.
No video tamén aparece unha perosa que non leva pantalla,polo que ten libre albedrío.Intenta que os demáis (que teñen a pantalla) lle preseten atención,pero este esforzo é en vano xa que eles non deixan de recibir máis e máis información.
Ao final estas persoas acaban derrotadas polo sobreexceso de información . A persoa que non estaba controlada cunha pantalla,puido sair dese mundo de opresión e manipulación.
A conclusión á que chego,é que estamos controlados polos medios de comunicación,aínda que pensemos que non.Sentimos a necesidade de mercar os produtos que se nos ofertan,porque pensamos que así seremos máis felices.

TELEVISIÓN


Ao principio deste video, amósaxenos unha televisión,na cal hai varias imaxes.Unha delas,é a que lle chama a atención ó espectador, que neste caso é un robot.Tanto lle gusta o que ve,que intenta imitalo coste o que coste.Ó final,acaba por romperse,co único fin de acada-la imaxe que ve.
Isto,danos a entender que o ideal de beleza que se nos impón é inalcanzable para calquera persoa,xa que este non é real.
Ós espectadores atráenos moito a imaxe da xente que aparece na televisión,porque fannos creer que ese e o ideal de beleza que todo o mundo debe ter.Pero a conclusión que temos que sacar de todo isto é, que cada un é como é,e que non se debe pretender imitar a ninguén porque acaba perxudicándonos.




Unha teoría científica é unha explicación científica dun conxunto de observacións ou experimentos que proveñen da realidade. Baséase no modelo teórico e na hipótese teórica. O primeiro é un sistema real, formado polos conceptos e polas leis teóricas establecidas tralas observacións, é dicir son un método de conclusións  que se confirman tralo experimento. Polo contrario as hipóteses teóricas son proposicións aceptables que se formulan trala recompilación de datos e información, normalmente non verificados, e que intentan verificar que se comporten como o modelo teórico.

Esa realidade observada, contén unha serie de elementos, cos que se establecen  relacións e unhas propiedades.

 
A ciencia é unha forma de coñecemento. O que os científicos fan cando elaboran ciencia é unha actividade que consiste en producir, usar e modificar modelos que describen e explican a realidade para tratar de resolcer problemas, de comprender e explicar os fenómenos que observamos.

O coñecemento científico é racional, en primeiro lugar polo seu carácter sistemático e en segundo lugar porque as súas teorías ou modelos han de ser xustificadas. Isto quere dicir que ademais de seren coherentes entre si, teñen que poder superar con éxito duras probas de contrastación ou comprobación para seren aceptadas.

Por estar xustificado mediante duras probas de contrastación, o coñecemento científico preséntase como obxectivo, é dicir, coa pretensión de representar de forma adecuada o mundo natural ou social.

O coñecemento científico é un coñecemento perfectible, revisable, autocorrectivo e autocrítico. Dentro das finalidades que se propón, é a mellor forma de coñecemento que nun momento dado se posúe.

Falamos de ciencia, pero en realidade non existe unha soa ciencia senón varias: En primeiro lugar hai unha diferenza entre as ciencias formais e as ciencias experimentais. As formais (matemáticas e lóxica) non tratan de feitos, non nos din nada sobre o mundo real. Tratan de signos baleiros de contido semántico e das súas relacións sintácticas ou operacións entre eles. O método propio destas ciencias é o método axiomático-deductivo. A garantía de verdade das súas afirmacións e xustificación racional depende da coherencia formal, e non precisan, polo mesmo, de contrastación empírica.

As ciencias experimentais, en cambio, á parte de ter que cumprir os requisitos formais de coherencia, por trataren de representar a realidade natural ou social-humana, rpecisan -como condición necesaria para a súa xustificación racional- da comprobación empírica, é dicir, da contrastación das súas afirmacións cos feitos, é dicir, de contrastación empírica.
E dentro das ciencias experimentais ou empíricas tamén se fai a distinción entre as ciencias naturais, que teñen por obxecto os fenómenos naturais, e as ciencias sociais ou humanas, o obxecto das cales son os seres humanos e os seus produtos culturais.

viernes, 15 de junio de 2012

O proceso que executamos no momento da percepción denomínase intuición. A intuición é a operación do coñecemento que permite a captación inmediata de algo. Non é un proceso mediado pola reflexión, e por iso nel non podemos distinguir fases. Mais si podemos distinguir dous tipos de intuición dependendo de como se nos dean os datos que van ser captados. a) Os datos danse simultaneamente ao proceso de captación polos sentidos e proveñen do mundo exterior ao suxeito, isto é, dun obxecto “transcendente”. O resultado deste proceso é a percepción. b) Os datos sensibles extráense de experiencias previas, é dicir, son inmanentes ao propio suxeito, ou son recreados polo propio suxeito. Os primeiros proveñen da memoria lembrando experiencias previas e os segundos da imaxinación. Ademais dos esquemas que subministra a experiencia individual, o ser humano posúe, pola súa característica de ser cultural, uns coñecementos compartidos co resto dos seres humanos e que se transmiten na aprendizaxe por medio da linguaxe. O coñecemento non remata coa percepción, nin tan sequera no recordo ou imaxinación. En realidade, non dicimos que coñecemos o que é un obxecto só porque viramos un, senón que queremos dicir que podemos identificar outros obxectos semellantes a el como pertencentes á mesma clase. O coñecemento, neste último sentido, precisa de algo máis ca unha simple percepción, precisa unha síntese de percepcións distintas baixo un denominador común, que é o concepto. Este vén sendo, xa que logo, o conxunto de trazos característicos cos que asimilo as percepcións particulares. Estes conceptos que se forman a través da síntese da miña experiencia son usados pola razón para codificar para min o mundo, e cada nova experiencia tratará de axustarse a eles. Os conceptos ordénanse na nosa mente dun modo xerárquico, formando un sistema de relacións mutuas de tal xeito que a memoria pode recuperar parte do noso coñecemento no momento preciso. Os coñecementos que non se atopan “ben ordeados” son facilmente esquecibles ou recuperables unicamente de xeito casual e non producen coñecemento verdadeiramente operativo. Unha parte da información obtémola por inspección observacional a través dos sentidos, a este tipo de coñecemento chamámoslle coñecemento directo. Grazas a que somos capaces de organizar a información en conceptos e proposicións, mediante a linguaxe podemos pensar, imaxinar e describir modelos posibles sobre a realidade. Así grazas ao razoamento inferencial podemos construír nova información sobre o mundo. A este tipo de coñecemento chamámoslle indirecto ou inferencial.

viernes, 1 de junio de 2012

Solucións

 
Todos os inventos están baseados noutros que xa existían antes,por exemplo o da maleta de rodas está baseado na invención da roda e da maleta. No tema do copyright, trátase de pagar uns dereitos de autor a quen os creou.Por este motivo é discutible o feito de ter que pagar a unha persoa que fixo un producto, a partir doutros xa existentes.
Por outra banda,hoxe en día,a esencia do copyright, que é o dereito do autor a percibir una remuneración cando se fai uso das súas obras con ánimo de lucro, prevalece.Pero,apareceu un mecanismo que permite que as copias fáganse de manera inmediata e sen intermediarios, o que leva a que éstes perdan o seu valor.
Os intermediarios dunha creación cultural non deberían ter ingresos, porque non é lóxico que se lles pague sabendo que todo o mundo pode acceder mediante, as novas tecnoloxías, a calquer producto.
As descargas van dirixidas a un público,que na maioría dos casos non ía a adquirir a obra, pero que ó acceder a ela, pasa a formar parte do fenómeno social que a rodea, e que termina xerando un negocio maior.
Se se consultan as listas de descargas de todas as semáns, verase que as películas que aparecen alí, son as máis taquilleiras.Todo productor desexa verse nesa lista no máis alto posible.
Se se queren reducir as descargas, débense de desenrolar alternativas que compitan con éstas en canto a proposta de valor.
As descargas no van a desaparecer, sempre habrá persoas que non van a gastar cartos nunha obra e que seguirán utilizando a descarga como método de acceso a ela, pero canto máis baixe o prezo da obra, na vía directa, máis se reducirán as descargas.

A PIRATARIA 2

 
A maioría dos usuarios que descargan arquivos da rede,buscan un bo servizo con contidos interesantes,a un prezo razoable.
Existen leis,como a Sinde,que prohiben as descargas ilegais;pero a miña opinión é,que por moito que se pechen páxinas Web en España,como internet é de carácter mundial, os usuarios darán co que queren en páxinas estranxeiras ou se crearán outras novas que substitúan ás pechadas .
Esta lei sería inutil nestes casos.
Polo tanto, é necesario que as industrias, produtores e creadores renoven a súa forma de vender un produto, e se den conta de,que o que triunfa na actualidade será o que triunfará no futuro,e dicir,o comercio a través de Internet.

A PIRATARIA

 
En España,a xente pensa que é mellor adquirir productos de maneira gratuita, aínda que sexa ilegal,antes de mercalos a prezos que a maioría da xente considera excesivos,e sobretodo nestes tempos de crise,nos que a xente fíxase moito nos prezos dos productos que merca.
A única maneira que teñen as empresas de triunfar neste sector,é ofrecer productos de calidade a un baixo coste, e no menor tempo posible.
Existen plataformas dixitais que ofertan música,películas,libros,xogos e outros productos de boa calidade a prezos razoables,como 7€ por libro,6€ por un disco de música...Isto ten moita demanda en paises como Estados Unidos,Gran Bretaña...
O problema é que en España a xente móstrase reacia ante un cambio no mercado,e aínda por riba estanse a crear leis,como a Sinde,que complican máis este novo tipo de comercio.
Asústanos o feito de mercar sen ter o producto diante de nós,porque desconfiamos tanto da súa calidade,como das fontes das que provén.Por iso,ata que este pensamento cambie,non conseguiremos que este tipo de mercado funcione en España.
Hai que desenrolar máis plataformas onde se oferten maior simpleza e comodidade ao usuario e, máis importante aínda, onde se pague menor cantidade por maior calidade .Débese chegar a un punto intermedio onde as empresas e os consumidores, poidan estar de acordo e levar beneficio ambos.
Se as empresas non ceden e seguen vendendo productos a prezos elevados, o consumidor preferirá, como é lóxico, descargar contidos de maneira gratuita.
A miña opinión é que mercar un producto de calidade a un prezo razonable sería a solución para que o tráfico de arquivos gratuitos desapareza.

lunes, 26 de marzo de 2012

Crowd computing


Hoxe en dia as persoas usamos cada vez con máis frecuencia paxinas de internet. Para facer isto as veces e preciso rexistrarnos nas nestas páxinas web. Rexistrámonos en calquera sitio web que nos ofreza calquer tipo de servicio. O rexistrarnos enchemos un formulario no que se nos pide que escribamos unha palabra que aparece distorionada e borrosa. Pero , isto ten unha función especifica.
Esas letras chámanse captchas e serven para asegurarse de que quen se dá de alta no sitio web é unha persoa, e non unha máquina.Porque unha persoa e capaz asociar esas imaxes a palabras mentres que unha máquina non pode identificar os caracteres da imaxe.

Hoxe en dia usanse recaptchas. Esta tecnoloxía mostra dúas palabras en lugar de unha. Unha delas serve para comprobar que é unha persoa quen se rexistra. E a outra serve para dixitalizar libros. O escanearse libros antigos, as follas estan desgastadas e resultan difíciles de interpretar por unha maquina ,pero, cóllense palabras soltas e introdúcense nos capatchas,así, as persoas cando as escriben ben axudan a dixitalizar ese libro antigo. Grazas a que cada día 200 millóns de persoas ingresen un captcha para rexistrarse nunha páxina web, fai que o proceso de dixitalización de libros sexa moi rápido,tanto que se seguimis a este ritmo, nun ano pódense dixitalizar dous millóns e medio de libros.

Luis Vonah.un dos creadores de capchas xunto co seu equipo fixo unha nova aportación foi o Duolingo. Con Duolingo preténdese traducir a web a todos os idiomas.
En internet hai milleiros de persoasque necesitan aprender idiomas.Esta xente paga por programas que lles axuden a facelo. Duolingo preséntase como unha alternativa gratuita. As persoas simplemente entran neste sitio e comezan a traducir frases e palabras que lles axuden a mellorar o seu nivel nun idioma. As traduccións destas persoas son empregadas ao mesmo tempo para traducir páxinas web. Esta tarefa realizase de maneira gratuita xa que non hai que pagarlle a un profesional para que o faga.

lunes, 27 de febrero de 2012

Amauterización dos contidos


Amauterizar un contido consiste en que unha persoa, non profesional, versiona ou reedita unha canción, un videoclip, ou calquera traballo feito por artistas profesionais. Un exemplo disto son grupos e persoas en solitario que versionan os éxitos dos artistas máis famosos, para darse a coñecer ao mundo. Isto fanno subindo os seus videos a You Tube, e cando alguen quere buscar unha canción dun famoso aparecelle o seu carón verisón destas persoas.

É aquí onde se nos plantexa un importante problema. Estes pequenos artistas están a cometer un delito de plaxio sen ter en conta os dereitos de autor, ou están a contribuir aportando novas formas de música e contribuindo na ampliación do panorma cultural?

Os autores das cancións, vídeos e demais tarefas profesionais opinan que, a amateurización de contidos constitúe un claro delito contra os dereitos de autor. Defenden que estas versións feitas por persoas correntes carecen de calidade, xa que é un plaxio das cancións orixinais e consideran que isto é inxusto.

Cada vez máis xente adicase a versionar canións de artistas famosos. Esta xente defende que, non copian nada a ninguén, senón que fan unha versión propia e totalmente diferente ás orixinais, dándolle un toque persoal.

Moita xente prefire as versións destes artistas descoñecidos antes cas dos verdadeiros artistas

É indubidable que se produce un plaxio, porque, os aritstas copian a letra das cancions orixinais coa única diferenza de que lle aportan un toque orixinal e innovador.

Aquí aparece outra das vantaxes de Internet: o fomento e a facilidade para dar a coñecer a novos artistas completamente descoñecidos.

martes, 7 de febrero de 2012

Novas formas deler


Vivimos nunha sociedade na cal todo esta sendo dixitalizado, un bo exemplo disto é o libro electrónico. Este dispositivo é un aparello que nos permite ler libros en formato dixital.

O libro electrónico presenta moitas ventaxas fronte a un libro tradicional.Unha das máis significativas é a capacidade de ter nun só dispositivo milleiros de libros. Ademáis, o E-book é máis cómodo de ter nas mans e máis lixeiro ca un libro tradicional.
Unha cousa moi destacable do E-book é que ten unha pantalla que incorpora tinta dixital, isto quere dicir que non fai dano á vista, e polo tanto é igual que ler un libro tradicional.

Debido á aparición do E-book, xorden diversas opinións a favor e en contra deste aparello. Hai xente que opina que é un aparello moi bo que permite facer da lectura algo máis entretido, e que nun futuro acabará substituíndo a un libro tradicional. E por outra banda, hai xente que está en contra do libro electrónico por un sinxelo motivo, consideran que non é o mesmo ler un libro no que sentes as súas follas e percibes o seu cheiro, que estar a ler fronte dunha máquina.

Na miña opinión, o E-book é un bo dispositivo que fai da lectura algo máis entretido e atrae a moita xente coma min, que non nos gusta ler, e fainos disfrutar dunha nova experiencia interactiva.

jueves, 26 de enero de 2012

estanos internet a volver imbéciles?

 
ESTANOS INTERNET A VOLVER IMBECILES?

Internet ten moitas vantaxas que todos as coñecemos, pero realmente moi pouca xente coñece as suas desvantaxas.Todolos Pcs teñen a capacidade de realizar tarefas de maneira simultanea. En Internet podemos facelo mesmo, podemos estar en varias páxinas o mesmo tempo.

Moitos científicos afirman que provoca que perdamos a capacidade de concentración e polo tanto non somos capaces de permanecer prestando total atención a algo determinado. Isto fai que nos volvamos totalmente superficiais.

Outra das desvantaxas que provoca internet e que perdemos a capacidade de ler liña por liña e adoptamos un novo método de lectura irregular, leendo en diagonal e saltándonos moitas liñas e paragrafos , polo que non podemos profundizar na idea do texto ,se non que temos unha idea xeral sobre o que trata, saltándonos gran cantidade de información.

Por outra banda estes investigadores afirman que, Internet está deixando ao libro e ao papel nun segundo plano, dándolle preferencia aos medios dixitais.Polo tanto os seres vivos delegan moitas das súas responsabilidades nas máquinas, como por exemplo na calculadora.

Todo o que aporta internet non e negativo, de feito hai científicos como o Señor Villanueva que afirman que internet aporta mais ventaxas que desventaxas.
Este científico afirma que internet mellora a nosa linguaxe. Isto e debido a que os usuarios valoran positivamente unha escritura correcta e precisa mais que unha escritura chea de erros ortograficos e desorganizada.


Nembargantes afirma que Internet é unha ferramenta moi útil para a sociedade.
O problema reside en que hai que saber diferenciar os contextos nos que estamos a traballar.
Por exemplo non pasa nada se cometemos erros ortograficos cando estamos a falar cun amigo, pero debemos ter máis coidado cando nos diriximos a unha institución ou a un publico mais amplo.
Escribir con abreviaturas é unha opción persoal que case todola xente soe utilizar debido a que queremos ser rapidos a hora de transmitir a informacion, pero isto non e culpa da tecnoloxia.