viernes, 1 de junio de 2012

Solucións

 
Todos os inventos están baseados noutros que xa existían antes,por exemplo o da maleta de rodas está baseado na invención da roda e da maleta. No tema do copyright, trátase de pagar uns dereitos de autor a quen os creou.Por este motivo é discutible o feito de ter que pagar a unha persoa que fixo un producto, a partir doutros xa existentes.
Por outra banda,hoxe en día,a esencia do copyright, que é o dereito do autor a percibir una remuneración cando se fai uso das súas obras con ánimo de lucro, prevalece.Pero,apareceu un mecanismo que permite que as copias fáganse de manera inmediata e sen intermediarios, o que leva a que éstes perdan o seu valor.
Os intermediarios dunha creación cultural non deberían ter ingresos, porque non é lóxico que se lles pague sabendo que todo o mundo pode acceder mediante, as novas tecnoloxías, a calquer producto.
As descargas van dirixidas a un público,que na maioría dos casos non ía a adquirir a obra, pero que ó acceder a ela, pasa a formar parte do fenómeno social que a rodea, e que termina xerando un negocio maior.
Se se consultan as listas de descargas de todas as semáns, verase que as películas que aparecen alí, son as máis taquilleiras.Todo productor desexa verse nesa lista no máis alto posible.
Se se queren reducir as descargas, débense de desenrolar alternativas que compitan con éstas en canto a proposta de valor.
As descargas no van a desaparecer, sempre habrá persoas que non van a gastar cartos nunha obra e que seguirán utilizando a descarga como método de acceso a ela, pero canto máis baixe o prezo da obra, na vía directa, máis se reducirán as descargas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario