viernes, 1 de junio de 2012

A PIRATARIA

 
En España,a xente pensa que é mellor adquirir productos de maneira gratuita, aínda que sexa ilegal,antes de mercalos a prezos que a maioría da xente considera excesivos,e sobretodo nestes tempos de crise,nos que a xente fíxase moito nos prezos dos productos que merca.
A única maneira que teñen as empresas de triunfar neste sector,é ofrecer productos de calidade a un baixo coste, e no menor tempo posible.
Existen plataformas dixitais que ofertan música,películas,libros,xogos e outros productos de boa calidade a prezos razoables,como 7€ por libro,6€ por un disco de música...Isto ten moita demanda en paises como Estados Unidos,Gran Bretaña...
O problema é que en España a xente móstrase reacia ante un cambio no mercado,e aínda por riba estanse a crear leis,como a Sinde,que complican máis este novo tipo de comercio.
Asústanos o feito de mercar sen ter o producto diante de nós,porque desconfiamos tanto da súa calidade,como das fontes das que provén.Por iso,ata que este pensamento cambie,non conseguiremos que este tipo de mercado funcione en España.
Hai que desenrolar máis plataformas onde se oferten maior simpleza e comodidade ao usuario e, máis importante aínda, onde se pague menor cantidade por maior calidade .Débese chegar a un punto intermedio onde as empresas e os consumidores, poidan estar de acordo e levar beneficio ambos.
Se as empresas non ceden e seguen vendendo productos a prezos elevados, o consumidor preferirá, como é lóxico, descargar contidos de maneira gratuita.
A miña opinión é que mercar un producto de calidade a un prezo razonable sería a solución para que o tráfico de arquivos gratuitos desapareza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario