jueves, 21 de junio de 2012

Medios de Comunicación de Masas e Publicidade


Neste video podemos ver unhas persoas que seguen a un paiaso(que representa ó medio de comunicación),e que van mercando todo o que el lles ofrece,sen saber se realemente lles fai falta ou non.
Eles están controlados por unha pantalla,e nun momento do video a unha nena se lle cae esta,e non sabe que facer.O paiaso vai rapidamente a arranxala para que a nena non deixe de seguilo.
No video tamén aparece unha perosa que non leva pantalla,polo que ten libre albedrío.Intenta que os demáis (que teñen a pantalla) lle preseten atención,pero este esforzo é en vano xa que eles non deixan de recibir máis e máis información.
Ao final estas persoas acaban derrotadas polo sobreexceso de información . A persoa que non estaba controlada cunha pantalla,puido sair dese mundo de opresión e manipulación.
A conclusión á que chego,é que estamos controlados polos medios de comunicación,aínda que pensemos que non.Sentimos a necesidade de mercar os produtos que se nos ofertan,porque pensamos que así seremos máis felices.

TELEVISIÓN


Ao principio deste video, amósaxenos unha televisión,na cal hai varias imaxes.Unha delas,é a que lle chama a atención ó espectador, que neste caso é un robot.Tanto lle gusta o que ve,que intenta imitalo coste o que coste.Ó final,acaba por romperse,co único fin de acada-la imaxe que ve.
Isto,danos a entender que o ideal de beleza que se nos impón é inalcanzable para calquera persoa,xa que este non é real.
Ós espectadores atráenos moito a imaxe da xente que aparece na televisión,porque fannos creer que ese e o ideal de beleza que todo o mundo debe ter.Pero a conclusión que temos que sacar de todo isto é, que cada un é como é,e que non se debe pretender imitar a ninguén porque acaba perxudicándonos.




Unha teoría científica é unha explicación científica dun conxunto de observacións ou experimentos que proveñen da realidade. Baséase no modelo teórico e na hipótese teórica. O primeiro é un sistema real, formado polos conceptos e polas leis teóricas establecidas tralas observacións, é dicir son un método de conclusións  que se confirman tralo experimento. Polo contrario as hipóteses teóricas son proposicións aceptables que se formulan trala recompilación de datos e información, normalmente non verificados, e que intentan verificar que se comporten como o modelo teórico.

Esa realidade observada, contén unha serie de elementos, cos que se establecen  relacións e unhas propiedades.

 
A ciencia é unha forma de coñecemento. O que os científicos fan cando elaboran ciencia é unha actividade que consiste en producir, usar e modificar modelos que describen e explican a realidade para tratar de resolcer problemas, de comprender e explicar os fenómenos que observamos.

O coñecemento científico é racional, en primeiro lugar polo seu carácter sistemático e en segundo lugar porque as súas teorías ou modelos han de ser xustificadas. Isto quere dicir que ademais de seren coherentes entre si, teñen que poder superar con éxito duras probas de contrastación ou comprobación para seren aceptadas.

Por estar xustificado mediante duras probas de contrastación, o coñecemento científico preséntase como obxectivo, é dicir, coa pretensión de representar de forma adecuada o mundo natural ou social.

O coñecemento científico é un coñecemento perfectible, revisable, autocorrectivo e autocrítico. Dentro das finalidades que se propón, é a mellor forma de coñecemento que nun momento dado se posúe.

Falamos de ciencia, pero en realidade non existe unha soa ciencia senón varias: En primeiro lugar hai unha diferenza entre as ciencias formais e as ciencias experimentais. As formais (matemáticas e lóxica) non tratan de feitos, non nos din nada sobre o mundo real. Tratan de signos baleiros de contido semántico e das súas relacións sintácticas ou operacións entre eles. O método propio destas ciencias é o método axiomático-deductivo. A garantía de verdade das súas afirmacións e xustificación racional depende da coherencia formal, e non precisan, polo mesmo, de contrastación empírica.

As ciencias experimentais, en cambio, á parte de ter que cumprir os requisitos formais de coherencia, por trataren de representar a realidade natural ou social-humana, rpecisan -como condición necesaria para a súa xustificación racional- da comprobación empírica, é dicir, da contrastación das súas afirmacións cos feitos, é dicir, de contrastación empírica.
E dentro das ciencias experimentais ou empíricas tamén se fai a distinción entre as ciencias naturais, que teñen por obxecto os fenómenos naturais, e as ciencias sociais ou humanas, o obxecto das cales son os seres humanos e os seus produtos culturais.

viernes, 15 de junio de 2012

O proceso que executamos no momento da percepción denomínase intuición. A intuición é a operación do coñecemento que permite a captación inmediata de algo. Non é un proceso mediado pola reflexión, e por iso nel non podemos distinguir fases. Mais si podemos distinguir dous tipos de intuición dependendo de como se nos dean os datos que van ser captados. a) Os datos danse simultaneamente ao proceso de captación polos sentidos e proveñen do mundo exterior ao suxeito, isto é, dun obxecto “transcendente”. O resultado deste proceso é a percepción. b) Os datos sensibles extráense de experiencias previas, é dicir, son inmanentes ao propio suxeito, ou son recreados polo propio suxeito. Os primeiros proveñen da memoria lembrando experiencias previas e os segundos da imaxinación. Ademais dos esquemas que subministra a experiencia individual, o ser humano posúe, pola súa característica de ser cultural, uns coñecementos compartidos co resto dos seres humanos e que se transmiten na aprendizaxe por medio da linguaxe. O coñecemento non remata coa percepción, nin tan sequera no recordo ou imaxinación. En realidade, non dicimos que coñecemos o que é un obxecto só porque viramos un, senón que queremos dicir que podemos identificar outros obxectos semellantes a el como pertencentes á mesma clase. O coñecemento, neste último sentido, precisa de algo máis ca unha simple percepción, precisa unha síntese de percepcións distintas baixo un denominador común, que é o concepto. Este vén sendo, xa que logo, o conxunto de trazos característicos cos que asimilo as percepcións particulares. Estes conceptos que se forman a través da síntese da miña experiencia son usados pola razón para codificar para min o mundo, e cada nova experiencia tratará de axustarse a eles. Os conceptos ordénanse na nosa mente dun modo xerárquico, formando un sistema de relacións mutuas de tal xeito que a memoria pode recuperar parte do noso coñecemento no momento preciso. Os coñecementos que non se atopan “ben ordeados” son facilmente esquecibles ou recuperables unicamente de xeito casual e non producen coñecemento verdadeiramente operativo. Unha parte da información obtémola por inspección observacional a través dos sentidos, a este tipo de coñecemento chamámoslle coñecemento directo. Grazas a que somos capaces de organizar a información en conceptos e proposicións, mediante a linguaxe podemos pensar, imaxinar e describir modelos posibles sobre a realidade. Así grazas ao razoamento inferencial podemos construír nova información sobre o mundo. A este tipo de coñecemento chamámoslle indirecto ou inferencial.

viernes, 1 de junio de 2012

Solucións

 
Todos os inventos están baseados noutros que xa existían antes,por exemplo o da maleta de rodas está baseado na invención da roda e da maleta. No tema do copyright, trátase de pagar uns dereitos de autor a quen os creou.Por este motivo é discutible o feito de ter que pagar a unha persoa que fixo un producto, a partir doutros xa existentes.
Por outra banda,hoxe en día,a esencia do copyright, que é o dereito do autor a percibir una remuneración cando se fai uso das súas obras con ánimo de lucro, prevalece.Pero,apareceu un mecanismo que permite que as copias fáganse de manera inmediata e sen intermediarios, o que leva a que éstes perdan o seu valor.
Os intermediarios dunha creación cultural non deberían ter ingresos, porque non é lóxico que se lles pague sabendo que todo o mundo pode acceder mediante, as novas tecnoloxías, a calquer producto.
As descargas van dirixidas a un público,que na maioría dos casos non ía a adquirir a obra, pero que ó acceder a ela, pasa a formar parte do fenómeno social que a rodea, e que termina xerando un negocio maior.
Se se consultan as listas de descargas de todas as semáns, verase que as películas que aparecen alí, son as máis taquilleiras.Todo productor desexa verse nesa lista no máis alto posible.
Se se queren reducir as descargas, débense de desenrolar alternativas que compitan con éstas en canto a proposta de valor.
As descargas no van a desaparecer, sempre habrá persoas que non van a gastar cartos nunha obra e que seguirán utilizando a descarga como método de acceso a ela, pero canto máis baixe o prezo da obra, na vía directa, máis se reducirán as descargas.

A PIRATARIA 2

 
A maioría dos usuarios que descargan arquivos da rede,buscan un bo servizo con contidos interesantes,a un prezo razoable.
Existen leis,como a Sinde,que prohiben as descargas ilegais;pero a miña opinión é,que por moito que se pechen páxinas Web en España,como internet é de carácter mundial, os usuarios darán co que queren en páxinas estranxeiras ou se crearán outras novas que substitúan ás pechadas .
Esta lei sería inutil nestes casos.
Polo tanto, é necesario que as industrias, produtores e creadores renoven a súa forma de vender un produto, e se den conta de,que o que triunfa na actualidade será o que triunfará no futuro,e dicir,o comercio a través de Internet.