lunes, 27 de febrero de 2012

Amauterización dos contidos


Amauterizar un contido consiste en que unha persoa, non profesional, versiona ou reedita unha canción, un videoclip, ou calquera traballo feito por artistas profesionais. Un exemplo disto son grupos e persoas en solitario que versionan os éxitos dos artistas máis famosos, para darse a coñecer ao mundo. Isto fanno subindo os seus videos a You Tube, e cando alguen quere buscar unha canción dun famoso aparecelle o seu carón verisón destas persoas.

É aquí onde se nos plantexa un importante problema. Estes pequenos artistas están a cometer un delito de plaxio sen ter en conta os dereitos de autor, ou están a contribuir aportando novas formas de música e contribuindo na ampliación do panorma cultural?

Os autores das cancións, vídeos e demais tarefas profesionais opinan que, a amateurización de contidos constitúe un claro delito contra os dereitos de autor. Defenden que estas versións feitas por persoas correntes carecen de calidade, xa que é un plaxio das cancións orixinais e consideran que isto é inxusto.

Cada vez máis xente adicase a versionar canións de artistas famosos. Esta xente defende que, non copian nada a ninguén, senón que fan unha versión propia e totalmente diferente ás orixinais, dándolle un toque persoal.

Moita xente prefire as versións destes artistas descoñecidos antes cas dos verdadeiros artistas

É indubidable que se produce un plaxio, porque, os aritstas copian a letra das cancions orixinais coa única diferenza de que lle aportan un toque orixinal e innovador.

Aquí aparece outra das vantaxes de Internet: o fomento e a facilidade para dar a coñecer a novos artistas completamente descoñecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario