lunes, 27 de febrero de 2012

Amauterización dos contidos


Amauterizar un contido consiste en que unha persoa, non profesional, versiona ou reedita unha canción, un videoclip, ou calquera traballo feito por artistas profesionais. Un exemplo disto son grupos e persoas en solitario que versionan os éxitos dos artistas máis famosos, para darse a coñecer ao mundo. Isto fanno subindo os seus videos a You Tube, e cando alguen quere buscar unha canción dun famoso aparecelle o seu carón verisón destas persoas.

É aquí onde se nos plantexa un importante problema. Estes pequenos artistas están a cometer un delito de plaxio sen ter en conta os dereitos de autor, ou están a contribuir aportando novas formas de música e contribuindo na ampliación do panorma cultural?

Os autores das cancións, vídeos e demais tarefas profesionais opinan que, a amateurización de contidos constitúe un claro delito contra os dereitos de autor. Defenden que estas versións feitas por persoas correntes carecen de calidade, xa que é un plaxio das cancións orixinais e consideran que isto é inxusto.

Cada vez máis xente adicase a versionar canións de artistas famosos. Esta xente defende que, non copian nada a ninguén, senón que fan unha versión propia e totalmente diferente ás orixinais, dándolle un toque persoal.

Moita xente prefire as versións destes artistas descoñecidos antes cas dos verdadeiros artistas

É indubidable que se produce un plaxio, porque, os aritstas copian a letra das cancions orixinais coa única diferenza de que lle aportan un toque orixinal e innovador.

Aquí aparece outra das vantaxes de Internet: o fomento e a facilidade para dar a coñecer a novos artistas completamente descoñecidos.

martes, 7 de febrero de 2012

Novas formas deler


Vivimos nunha sociedade na cal todo esta sendo dixitalizado, un bo exemplo disto é o libro electrónico. Este dispositivo é un aparello que nos permite ler libros en formato dixital.

O libro electrónico presenta moitas ventaxas fronte a un libro tradicional.Unha das máis significativas é a capacidade de ter nun só dispositivo milleiros de libros. Ademáis, o E-book é máis cómodo de ter nas mans e máis lixeiro ca un libro tradicional.
Unha cousa moi destacable do E-book é que ten unha pantalla que incorpora tinta dixital, isto quere dicir que non fai dano á vista, e polo tanto é igual que ler un libro tradicional.

Debido á aparición do E-book, xorden diversas opinións a favor e en contra deste aparello. Hai xente que opina que é un aparello moi bo que permite facer da lectura algo máis entretido, e que nun futuro acabará substituíndo a un libro tradicional. E por outra banda, hai xente que está en contra do libro electrónico por un sinxelo motivo, consideran que non é o mesmo ler un libro no que sentes as súas follas e percibes o seu cheiro, que estar a ler fronte dunha máquina.

Na miña opinión, o E-book é un bo dispositivo que fai da lectura algo máis entretido e atrae a moita xente coma min, que non nos gusta ler, e fainos disfrutar dunha nova experiencia interactiva.