jueves, 26 de enero de 2012

estanos internet a volver imbéciles?

 
ESTANOS INTERNET A VOLVER IMBECILES?

Internet ten moitas vantaxas que todos as coñecemos, pero realmente moi pouca xente coñece as suas desvantaxas.Todolos Pcs teñen a capacidade de realizar tarefas de maneira simultanea. En Internet podemos facelo mesmo, podemos estar en varias páxinas o mesmo tempo.

Moitos científicos afirman que provoca que perdamos a capacidade de concentración e polo tanto non somos capaces de permanecer prestando total atención a algo determinado. Isto fai que nos volvamos totalmente superficiais.

Outra das desvantaxas que provoca internet e que perdemos a capacidade de ler liña por liña e adoptamos un novo método de lectura irregular, leendo en diagonal e saltándonos moitas liñas e paragrafos , polo que non podemos profundizar na idea do texto ,se non que temos unha idea xeral sobre o que trata, saltándonos gran cantidade de información.

Por outra banda estes investigadores afirman que, Internet está deixando ao libro e ao papel nun segundo plano, dándolle preferencia aos medios dixitais.Polo tanto os seres vivos delegan moitas das súas responsabilidades nas máquinas, como por exemplo na calculadora.

Todo o que aporta internet non e negativo, de feito hai científicos como o Señor Villanueva que afirman que internet aporta mais ventaxas que desventaxas.
Este científico afirma que internet mellora a nosa linguaxe. Isto e debido a que os usuarios valoran positivamente unha escritura correcta e precisa mais que unha escritura chea de erros ortograficos e desorganizada.


Nembargantes afirma que Internet é unha ferramenta moi útil para a sociedade.
O problema reside en que hai que saber diferenciar os contextos nos que estamos a traballar.
Por exemplo non pasa nada se cometemos erros ortograficos cando estamos a falar cun amigo, pero debemos ter máis coidado cando nos diriximos a unha institución ou a un publico mais amplo.
Escribir con abreviaturas é unha opción persoal que case todola xente soe utilizar debido a que queremos ser rapidos a hora de transmitir a informacion, pero isto non e culpa da tecnoloxia.